sábado, 25 de noviembre de 2017

25-N: CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: TOLERANCIA 0

Hoxe foi un día distinto no cole. No cole sempre facemos fincapé na importancia de que todos nos respetemos e nos axudemos sen ter en conta o noso xénero, relixión, raza, etc. O enriquecedor é ser diversos e saber convivir con esas diferenzas. E, hoxe, foi un día especial. 

Todos os anos, o alumnado de 5º de Primaria é o encargado de facer un acto simbólico sobre esta conmemoración. Este acto ía ser o venres pero, por mor da chuvia, pospúxose para o luns 27 de novembro.


Como sabedes, o
25 de novembro celébrase o día Internacional contra a Violencia de xénero polo que o alumnado de 5º, como todos os anos, traballou sobre este tema facendo unha pancarta que levaremos o vindeiro luns a Cangas xa que van representar cun baile dramatizado a canción de Andy y Lucas, "Y en tu ventana",manifestando a repulsa contra  todo tipo de violencia machista. 

Queremos transmitir á cidadanía o rexeitamento da violencia e o dereito ao bo trato. 


Pancarta que levaremos o luns 27 de novembro ó acto contra a violencia de xénero


Representación do alumnado de 5º de primaria no pavillón do colexio da canción 


 CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: TOLERANCIA 0

Alumnado esperando nas súas posicións antes da representación



1 comentario:

  1. Parabéns a todo o alumnado de 5º de primaria. Foi moi emotivo e se nota que traballáchedes moito.

    ResponderEliminar