domingo, 8 de noviembre de 2015

Cociñeiros/as terroríficos/as 1ª parte

Que tal?. Despois dunhas semanas "terroríficas" toca contarvos algunhas das actividades que fixemos durante esta tempada. Dende hai unhas semanas, estamos traballando cos nenos/as de 2º E.P. "A" nunha tarefa conxunta chamada "Cociñeiros/as terroríficas". O obxectivo da tarefa é traballar de forma interdisciplinar varias áreas do noso currículo tendo coma núcleo motivador dúas festas que teñen bastante en común e que cada ano, as celebramos con maior intensidade, coma son o Halloween e o Samaín. Así que puxémonos mans á obra e comezamos a investigar cal era a orixe do Samaín, en que consistía, que alimentos podíamos degustar neses días, disfraces típicos, costumes desa festividade... Como traballamos en equipos de traballo cooperativo, dividimos o traballo e cada un dos equipos tivo que buscar información do que lles tocou. A finalidade da tarefa era poder ensinarlles ós cativos de 2ª E.P. que era o Samaín e así o fixemos. A presentación foi todo un éxito. Dende aquí, felicitar os nenos/as de 5º E.P. xa que eles sós fixeron as diapositivas cos seus ultraportátiles, aprenderon a gardalas no ordenador e logo, as estiveron repasando e traballando durante varias sesións para poder facelo o mellor posible e que os nenos pequenos/as estivesen contentos de vir a nosa aula. Era a primeira vez que traballaban na realización de diapositivas e quedeime abraiada co resultado. Noraboa chicos/as!. Aquí déixovos os vídeos da presentación do Samaín.









Para traballar o Halloween contamos coa axuda de Pinia, a auxiliar de conversa, a cal dende aquí agradecémoslle o seu traballo para que os cativos melloren a súa expresión nesta lingua inglesa. Traballamos costumes coma decorar as cabazas e alumealas por dentro cunha candea (Jack-O´-Lantern), "Trick or Treat", traballamos a expresión oral cun conto moi "TERRORÍFICO" e facendo esqueletos móbiles repasamos as partes do corpo. (Os esqueletos fixéronse amigos nosos e acompáñannos a diario).
Skeletons
It´s a terrifying class! But we´re not afraid.

 Claro que tiñamos un problema, non sabíamos baleirar as cabazas nin decoralas. Diso se encargaron os nenos/as de 2º E.P."A" e a súa mestra Merchi. Así que alá nos fomos!. Chegamos a súa clase, e estaban agardando por nós para explicarnos como se baleiraban as cabazas. Foi un pouco difícil xa que estaban bastante duras. Na súa clase, xa tiñan decoradas unha cabaza moi chula. Os nenos/as nos explicaron como se decoraban e entre todos decoramos outra cabaza.
A cabaza coa que nos agasallaron os cativos de 2º "A"
Xabi, David, Carla e María coa nosa nova cabaza
Cabaza feita polos nenos e nenas de 2º "A" 
Judith preparando a cabaza
Isa decorándoa
Miguel facendo unha boca moi bonita
Carla traballando para que quedase perfecta
Pablo dándolle os últimos retoques
María poñéndolle unha verruga moi fea!
Cando a rematamos, nos levamos unha gran sorpresa. Era un agasallo para a nosa clase!. Así que a levamos con moita ledicia e alí a temos, no recuncho da biblioteca preto do globo terráqueo para que vaia aprendendo un pouco de cultura xeral. Mentres íamos en grupiños decorando a cabaza coa axuda dos de 2º, os demais traballaron en parellas debuxando cabazas empregando diversos materiais plásticos. Fixemos parellas heteroxéneas e un rapaz de 5º traballaba cun rapaz de 2º. As cabazas serviron para decorar as ventás de ámbalas dúas clases.

















 Grazas a mestra e os rapaces de 2º por ensinarnos tantas cousas. Esta é a primeira parte desta tarefa... Xa veredes a segunda!. Estade moi atentos queridos lectores! Ahhh, esquecíame!!!. A nosa clase convertiuse nunha clase... como decirvos... Mellor que o vexades!!!.
As teas de araña levan colgadas palabras en inglés, castelán e galego relacionadas coas festividades traballadas.








Halloween´s giant skeleton
Douvos unha pista: Preparade os fogóns e vide con fame xa que esta semana... en que nos convertiremos?. Un saudiño!
Foto conxunta de todos os nenos de 2º "A" e 5º "A"

10 comentarios:

  1. A min encantoume esta actividade, o pasei moi ben cos nenos e nenas de segundo, foi moi divertido.

    ResponderEliminar
  2. A mi tamén gustoume moito.
    Grazas por todo profesoras.
    Carla y Merchi.

    ResponderEliminar
  3. Con vuestro esfuerzo, todo sale y cada vez mejor. Un saludo a todos. Profe Carla

    ResponderEliminar
  4. É moi divertido traballar con nenos doutros cursos, espero que se volva a repetir este tipo de actividade.

    ResponderEliminar
  5. Dentro de pouco faremos outra actividade cos de 2º. Invitamos
    ós nenos pequenos que visiten o noso blogue.

    ResponderEliminar
  6. Si, eu quero repetir porque traballar con nenos doutros cursos e moi divertido e agora xa os coñecemos mello. Foi moi entretido poder ensinarlles aos nenos e nenas de segundo cousas sobre o samín e ensinarlles como debuxar unha cabaza, e me encanta a que nos regalaron.

    ResponderEliminar