jueves, 12 de noviembre de 2015

O MAGOSTO NO COLE...

O día 6 de novembro, aquí, no cole, celebramos a festa do magosto, onde xogamos, bailamos e papamos ricas castañas... 

Primeiro, representantes de pais e nais do alumnado, participaron na nosa celebración asando castañas e chourizos ,e, amenizando a festa con música de gaita e tambor.
Unha vez que degustamos as castañas,puxemos en práctica unha serie de xogos populares nos que participou todo alumnado: a corda, mariquitiña, chapas, a rá, o aro,as gomas,os trompos, pelouros, o pano, a palma, zancos,carreiras de sacos... 

Pasámolo...   XENIAL.



2 comentarios: