viernes, 18 de octubre de 2013

KAFCA A MONECA VIAXEIRA




       O xoves 10 de outubro fomos ver unha obra de teatro .
Saímos a terceira hora do colexio.Fomos camiñando ata o auditorio e logo nos sentamos nunhas das últimas filas de butacas.

 

       A obra trataba dunha nena que perdera a súa boneca. Un escritor, Kafca,  fíxose pasar por un repartidor de cartas de bonecas quen lle dixo a Elsie, a nena, que a súa boneca non se perdera, senon que fora de viaxe.
Cada día o carteiro e a  nena atopábanse ás 17:00 horas nun parque , cunha nova carta chegada dunha capital distinta, ata que chegou a derradeira, unha carta donde  dicía que  namorara.