jueves, 28 de enero de 2016

Experimentos na aula

A semana pasada traballamos na aula, experimentos relacionados coa materia. Algúns nenos/as trouxeron os materiais precisos para faceren os experimentos.
Esta vez son os nenos/as os que os explican o que fixemos en clase.
Cada equipo ten a súa visión do aprendido. Ahí van as opinións sobre os experimentos feitos!.
Agora, alumnado de 5º A, tedes un traballo que facer que consiste en dar opinións sobre que os parece o que escribiron os demais equipos, é dicir, vamos facer unha crítica construtiva e podedes ampliar información se é preciso nalgúns dos equipos.

Saudiños desde a clase de 5º "A".


  • Equipo 1: Os fantásticos

Neste experimento,o que fixemos foi coller varios obxectos que foron :
- bola de plástilina (non  flota)
- barquiño de papel (flota)
- cortiza (flota)
- barquiño de plastilina (depende da forma)
- bola de aluminio (flota)
E estivemos vendo se flotan ou non.
Carla Giráldez, Aarón Martínez, Jorge Figueroa y Laura Boubeta.

  • Equipo 2: Os cazafantasmas

Hoxe día 20 de xaneiro fixemos un experimento en Ciencias Naturais e aprendimos que depende da densidade dos obxectos  e da súa forma se poden flotar ou non.
O experimento consistía en meter varios obxectos na auga e intentar que flotaran, metemos:
Un barco de aluminio, unha bola de aluminio,un barco de papel, unha bola de plastilina, varios barcos de plastilina...
E ao final flotaba un barco de plastilina,un de papel e outro de papel aluminio.

  • Equipo 3: Os neuronas

FLOTARÁ, OU NON FLOTARÁ?
Hoxe, na clase, fixemos en Naturais un experimento coa profe. Este experimento consiste en coller un recipiente con auga no que botamos unha bola de aluminio para ver si flotaba ou se afundía. Metimos a bola e  non afundíase porque entráballe aire por uns buracos que tiña por fora. Despois puxemos unha bola de plastilina e por suposto (pola súa densidade) afundiuse. A continuación un neno da nosa clase fixo un barco de papel de aluminio. Como non estaba moi ben feito afundiuse. Toda a clase, coa plastilina, construímos barcos, bolas sen nada no seu interior, unhas cuncas...case todas se afundiron pero algunhas que estaban moi ben  feitas flotaron algún rato.
Tamén puxemos cortizas que trouxo unha nena. Non se afundiron. Metimos plástico e tampouco   se afundiu, pero ao cabo dun rato chegou ao fondo.

  • Equipo 4: Os tigrebolechas

Hoxe fixemos uns experimentos coa auga.
Neles vimos qué forma, qué materia e qué densidade.
Os EXPERIMENTOS son o que máis molan deste curso.

  • Equipo 5: Rising stars!

Hoxe, na clase de ciencias naturais,fixemos un experimento moi interesante. Comezamos cheando un recipiente de auga, e neste, metimos unha boliña de papel de aluminio. Pensamos que se iba a afundir, pero non foi así, porque tiña un pouco de aire no seu interior. Despois metimos un barquiño de papel, e flotou!!! Así coma a cortiza que tamén flotou.
E, na nosa mesa fixemos unha boliña de plastilina que dentro tiña aire, o que queríamos era que flotara, e o conseguimos!!! flotou e non chegou a afundirse.
Con este experimento, aprendimos moitas cousas novas, foi moi divertido.


Os fantásticos

Os cazafantasmas

Os neuronas

Os tigrebolechas

Rising stars!
Espero as vosas opinións! 

Próximamente os nenos de 5º B e 5º A faremos unha tarefa relacionada con este tema! Temos moitas ganas!.