miércoles, 22 de marzo de 2017

EXCURSIÓN A CAMPOLAMEIRO

O pasado martes 14 de marzo visitamos o parque arqueolóxico da arte rupestre de Campolameiro, un dos catro máis importantes e grandes de Europa.
Fixemos actividades variadas: modelar pequenos recipientes,con barro;talleres de copiado dos petroglifos para logo ser representados a escala; visita ao museo... Tamén nos ensinaron a facer lume coa técnica do arco. 
Os petroglifos son da Prehistoria,da Idade dos Metais.

...

EXCURSIÓN A CAMPOLAMEIRO. 14 DE MARZO - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

O parque conta cun itinerario de máis de 3 km de lonxitude salpicado por áreas de descanso e fontes, atravesa unha extraordinaria paisaxe cultural caracterizada pola alta densidade de petroglifos na que é posible contemplar os principais motivos e escenas que se plasmaron nos gravados rupestres galegos.



Estas son algunhas das rocha gravadas que alí podes observar.