jueves, 20 de octubre de 2016

Rock, paper, scissors



Este vídeo de "Pedra, papel, tesoira" trata un tema que, desgraciadamente, hoxe en día podemos palpar en moitas aulas de moitos colexios. É o bullying,ou o que é o mesmo o acoso escolar. O ano pasado tivemos unha charla informativa sobre o tema no cole que foi do noso agrado xa que nolo explicaron moi ben. Por que poñemos isto no blogue as mestras de 6º? Cremos que é moi importante que tod@s recapacitemos no noso comportamento diario, tanto na escola, como na casa ou en outros ámbitos da nosa vida. Falo ben ós meus compañeiros/as?, son respetuoso cando algo non me gusta e quero dar outra opinión?, berro na casa ou no colexio?, chincho ós demais por detrás?... Ás veces, non nos damos conta, pero a nosa forma de falar, os nosos xestos ou o noso comportamento non son axeitados e estamos facendo dano a outras persoas (aínda que non cheguemos a pegar a alguén físicamente, o dano poder ser psicolóxico). Por iso, queremos que fagades unha actividade de REFLEXIÓN acerca do voso comportamento diario. 
  • PENSADES QUE OS COMPORTADES BEN COS DEMAIS? 
  • QUE OPINADES SOBRE ESTE VÍDEO? 

Saúdos e recorda:  
TRATA ÓS DEMAIS CO MESMO CARIÑO E RESPECTO QUE CHE GUSTARÍA QUE TE TRATASEN A TI