jueves, 28 de mayo de 2015

SABELA GAGO


Visitounos o martes 19 de Maio.
Veu a contarnos un conto moi divertido representado polos nos@s compañeir@s.
Un conto sobre tres nenos pobres que querían ir buscar comida e fortuna á cova dun monstruo no bosque...


LEDICIA COSTAS

Neste trimestre, visitou o noso colexio unha escritora moi boa, Ledicia Costas.
Anteriormente, lemos un dos seus libros, "Escarlatina, a cociñeira defunta" e cando veu firmounos o libro.

Ledicia contounos algunha das súas anécdotas que lle pasaron na súa vida.

Ademais, fixemos un taller de cociña no que recreamos as receitas do seu libro pra ela e invitamos aos nosos compañeir@s de ciclo a degustar cookies e madalenas.

Divertímonos moito con ela e desexamos repetir.


lunes, 11 de mayo de 2015

APADRIÑAMENTOS LECTORES

   Cada mércores os alumnos/as de 6ºA nos convertemos en padriños e madriñas dos alumnos/as de 6ºB de Educación Infantil.
   Lemos contos para os pequenos na hora de lectura , contos para a súa idade , infantiles ...e eles disfrutan moitísimo con nós.
   Cada dous nen@s de 6ºA de primaria teñen asignados outros dous nen@s de 6ºB de Esucación Infantil.
  Con eles  imos ler a calquera rincón do colexio ( patio, as escaleiras,na nosa clase...) con libros que anteriormente escollemos na biblioteca nós ou eles.
  Ao final non queren irse xa que se divirten moito e temos que levalos a súa aula. :)


RIÑAMENTOS LECTORES - Kizoa Movie Maker

domingo, 10 de mayo de 2015

MUÍÑO DE FAUSTO



     O pasado mércores 29 de abril fixemos unha saída ao Muíño de Fausto. Alí, nos ensinaron como funcionaba o muíño. Primeiro nos mostraron que si subias unha panca o muíño paraba de funcionar e si a empurrabas para abaixo se puña en funcionamento. Tamén nos ensinaron como facer para que o muíño moera máis o menos millo, e, como facer para que a fariña fose máis fina.
      Máis tarde algúns estiveron recollendo as follas das árbores que había por aí e outros estiveron xogando o escondite e a pita.
      A camiñata de volta foi moi dura e nos cansou moito.
      En definitiva, a saída foi divertidísimaaaa!

CHARLA POLA EDUCACIÓN

Charla pola Educación. O día 5 de maio representantes da ONG, Educo, déronnos unha charla sobre as desigualdades no mundo. Primeiro mandáronnos debuxar unha casa e unha flor para ensinarnos que a maior parte das persoas pensan igual. A continuación, faláronnos e ensinarónnos uns mapas para reflexionar sobre as desiualdades que hai no mundo. Despois, fixemos un xogo que consistía en construir unha torre en equipo con materiais que nos facilitaran previamente, ademáis tiña que ser autosostida e facelo en silencio. Máis tarde, vimos un vídeo onde as persoas que saían traballaban en equipo, solucionaban os problemas. Para rematar, tivemos que escribir nunha papeleta o que desexabamos para mellorar o mundo e indroducilo nunha urna.

                      

martes, 5 de mayo de 2015

CANGAS EN MAQUETAS


ESTACIÓN  METEOROLÓXICA








O "reloxo" é como popularmente se coñece esta peculiar estación meteorolóxica.

Atópase na Alameda Félix Soage, frente a estación marítima e o porto.

É unha propiedade pública.

Foi construido a principios do século XX. En realidade é unha copia, que máis ou menos se conserva.


Conta con: termómetro, barómetro, pluviómetro... e unha viraventos na parte superior.

Era sempre consultado polos pecadores e mariñeiros antes de facerse ao mar, ao igual ca as súas esposas.

O reloxo é un gran símbolo da vila de Cangas, que a pesar de estar algo vello, é moi bonito.Está dentro do casco vello.

Autores/as: Javier, Darío, Ainoa ,Ana e Jorge Paz.





MASSÓ



A Fábrica de Massó encóntrase en Cangas, no porto vello, ao lado da praia de Massó.

Alí vendían produtos enlatados moi demandados naquela época como o atún, o bonito, as sardiñas, os mexillóns, os filetes de anchoa, os berberechos...

En 1941, os irmáns Massó, inauguaron a Fábrica de Cangas de Morrazo. Esta mesma está formada por dúas dársenas, varadeiro, taller, seción de envases  metalúrxicos, unha central eléctrica, unha factoría baleeira, unha fábrica de xeo e adémais unha de fabricación.

Os seus fundadores foron Jose María Massó García (1899-1981), Antonio Massó García (1901-1989) e Gaspar Massó García.

Adémais da fábrica de Cangas, tamén houbo outra no concello de Bueu. Aquí fundaron o museo Massó. Esta formado por unha coleción de libros, cartas mariñas e de navegación.


Autores/as: Ángel, Sara, Lara e Aitor.




EX-COLEXIATA DE CANGAS




 A ex-colexiata de Cangas é a xoia artística do municipio de Cangas xunto co cruceiro de Hío .

  A maior parte da súa construcción data do século XVI  , aínda que se cre que o primitivo templo  remontábase ,alomenos, un século máis atrás .

  Durante case 500 anos  viviu midificacións e aportacións de cada época e estilo .

  O papa Paulo III a elevou ao rango de colexiata no ano 1546 aínda que non foi ata corenta anos despois cando se levantou a fachada proxectada por Jacomé Fernandéz no 1585 , unha das mellores mostras da arte renacentista en Galicia .


 A torre distribuida en dous corpos, é do século XVIII .


  A ex-colexiata conta cunha capela maior cun espectacular retablo barroco do ano 1744 e outras capelas  de gran valor artístico .

  Destaca a figura do Cristo do Consolo taliada por Xoan Pinto en 1796 .




Autores/as: Lope, Lidia, Jose Luis e Gabriel.









ESPAZO NATURAL: CABO HOME




      Cabo Home atópase na parte máis occidental da península do Morrazo na zona terrestre máis cercana ás Illas Cies , pertence ao Parque Nacional das Illas Atlánticas , situado tan só a menos de 2,5km .
     O seu nome galego se poronuncia tal e como se escribe"Cabo Home".
     Toda a área adquire un gran valor natural e paisaxístico debido aos seus cabos, acantilados e na súa diversidade na flora e fauna. A zona está comprendida entre os cabos de Punta Subrido e Punta Robaleira.
     Dende Cabo Home comeza a rochosa e abrupta costa chamada  Costa da Vela ou Costa de Soavela.
Dentro desta encontrase o mítico Monte do Facho co seu interesante santuario do Deus Berobreo, así coma o poboado castreño da súa cumbre.
    En Punta Robaleira apreciamos o antigo faro de cor vermello de Cantería.
    Entre estes dous cabaos encóntrase a fermosa praia de Mlide, cunha extensión de 250m de longo e 40m de ancho e está rodeada dun gran piñeiral. Xusto en fronte, se situán as Illas Cíes.
    Na punta de Cabo Home nos encontramos co outro faro, máis esvelto, alto, de forma cilíndrica, e de cor branca. Este é un dos faros máis altos de Galicia e é o punto terrestre máis cercano ás Illas Cíes. En Punta Subrido, encóntrase outro faro máis, da mesma feitura dese último e a única diferencia co anterior é que este consta de dous pisos, un menos que o anterior.


                                                                                            Autoras/es:Lúa, Andrea ,Adrián e Carlota.


PRAZA DE ABASTOS





A praza de Abastos é o centro da actividade en Cangas polas mañás;xa que, é aquí onde se compra o peixe e marisco fresco que cada día venden as pescantinas ( merluza, sargos, rodabaio, peixe sapo...).

A praza construíuse en 1925 grazas ao diñeiro que donou ao pobo de Cangas, Xosé Felix Soaxe Vilariño, fillo de pescadores que emigrou a América onde fixo fortuna ( tamén  co diñeiro que doou, construíuse o placo da música da Alameda).


Autores/as: Samuel, Marina, Jorge, Alejandro e Mateo.