miércoles, 28 de octubre de 2015

Salidas complementarias ó auditorio e ó Eroski

Este mes de outubro realizamos dúas saídas onde aprendimos aspectos relacionados coas ciencias naturais. Na primera delas, fomos ao auditorio á obra teatral "Que traballo tan curioso!". Alí coñecimos de primeira man o traballo realizado polos científicos. Sabemos o importante que é ter un boa hixiene persoal para o bo funcionamento do noso corpo.





Foto de grupo á saída do auditorio

Falta Miguel que tivo un pequeno contratempo!. 












































A semana pasada visitamos o supermercado Eroski. Primeiro, recibimos unha charla dos profesionais deste supermercado onde repasamos cales son os hábitos de vida saudables como por exemplo a importancia dunha dieta equilibrada, facer deporte e aprender a coñecer os alimentos un pouquiño mellor. Cando tiñamos os coñecementos, un autobús estaba esperandonos para baixar a Cangas. Alí o pasamos xenial. Recorrimos todas as seccións do súper: as froitas, as verduras, a panadaría, a pescadería... Coñecimos a importancia de empregar unha vestimenta axeitada de seguridade en oficios de risco coma o dos carniceiros.
Supoño que todos/as estades reciclando o aceite nos vosos fogares! Recordade o importante que é para o medio ambiente. 

Por último, tivemos unha merenda do máis divertida!. Foi xenial!. Que vos pareceu a vos?















Aarón foi moi valente probando a granada!


Veña Xabi!. Todo un campión tomando o limón!

Que será...? Que medo pasou David! Ao final superou a proba!

Que ledicia coas nosas bolsiñas!. A candea era chulísima!

miércoles, 14 de octubre de 2015

VISTAS DESDE O MEU PATIO

Unha actividade chachiguachi!!!!!!!!!

O día 18 e o día 25 do mes de outubro, baixamos ao patio para debuxar unha paixase. Esperamos que vos gusten estas imaxes dos nenos e nenas de 5ºB.



lunes, 12 de octubre de 2015

Xa levamos case un mes!

Parece que foi onte cando comezamos un novo curso. Pero xa fai case un mes que comezou a nosa andaina en 5º de primaria. Así que xa é hora de estrenar o blogue.

Dentro de pouco, os alumnos de 5ºA colgarán algúns dos seus traballos no blogue xa que o esforzo ten que verse recompensado. Por agora, adiantarvos que estamos a  investigar o universo, estamos a convertirnos en poetas, sabemos o que é unha guía turística facendo unha visita a Roma, falamos inglés, galego, castelá... Pero o máis importante é que estamos moi contentos/as e estamos aprendendo moito. 

Queremos que o blogue se converta nunha forma rápida e eficaz de comunicarnos coas familias polo que espero que o visitedes a miúdo.

Un saúdo e ata pronto!

Así temos decorados os corchos da nosa clase.