jueves, 12 de mayo de 2016

Rememorando a Manuel María

Os nenos/as de 5ºA fixemos un libro de actividades sobre Manuel María para o alumnado de 1º e 2º de primaria. Os cativos quedaron encantados/as e nós aprendimos un montón sobre este poeta ao que se lle adican as Letras galegas deste ano.

viernes, 6 de mayo de 2016

A VISITA DE ÉRICA ESMORÍS

O día 6 de maio, recibimos a visita de Érica Esmorís, autora do último  premio Merlín,"Nena e o mar".A escritora presentounos cal foi o  traballo previo á creación da súa obra literaria, así como algúns dos aspectos da súa vida: a súa paisón polo mar, polos animais; como e donde escribe, ..., A charla foi moi interesante e axudounos a esclarecer algunhas das dúbidas que tiñamos sobre o libro.Ao rematar, moi amablemente, asinou en cada un dos libros dos alumnos e alumnas e no libro que temos na biblioteca para recoller as dedicatorias dos escritores que nos visitan cada ano.GRAZAS ÉRICA!!!


ÉRICA ESMORÍS... on PhotoPeach

miércoles, 4 de mayo de 2016

5º de primaria "Navega con rumbo"

Hoxe tivemos a visita de Juan, informático da Consellería de Educación que viu falarnos sobre o bo uso das redes sociais, e, en xeral, de todos os perigos que conleva Internet. Que opinades sobre isto? Parécennvos tan perigosas as redes?. Dende aquí agradecemos a Juan a súa colaboración e o ben que explicou todo. Saúdos blogueiros de san Roque