Fixemos actividades variadas: modelar pequenos recipientes,con barro;talleres de copiado dos petroglifos para logo ser representados a escala; visita ao museo... Tamén nos ensinaron a facer lume coa técnica do arco.
Os petroglifos son da Prehistoria,da Idade dos Metais.
...
EXCURSIÓN A CAMPOLAMEIRO. 14 DE MARZO - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
O parque conta cun itinerario de máis de 3 km de lonxitude salpicado por áreas de descanso e fontes, atravesa unha extraordinaria paisaxe cultural caracterizada pola alta densidade de petroglifos na que é posible contemplar os principais motivos e escenas que se plasmaron nos gravados rupestres galegos.
Estas son algunhas das rocha gravadas que alí podes observar.