domingo, 2 de febrero de 2014

DÍA DA PAZ


                                                 O día da Paz :-D

O dia da Paz é  un dia adicado a non violencia, un dia dos  favoritos no cole.
No  colexio no dia da Paz eleximos unha canción cada ano e a cantamos no patio coa intencion de que sexamos solidarios .
Este ano vestímonos todos como hipies e cantamos a canción "Imagine"de john Lennon, el cantante de The Beatles.
Tamén soltamos  pombas .Foi moi belo, e, xusto cando empezamos a cantar, saiu o sol!
 Estamos  esperando con impaciencia o ano que ven :-D .
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Picture slideshow generated with Smilebox

viernes, 31 de enero de 2014

GRANDES PERIODISTAS!!!

Aquí presentamos aos futuros periodistas e presentadores do noso país  nunha das súas sesións prácticas.




Cinco canais e un presentador! Tempo, deporte, política, noticias breves e curiosas!!!!!
TELEDARBO, o mellor canal de España!




Os presentadores máis famosos do mundo aquí ,no colexio San Roque de Darbo ,en Cangas !!!!!





 Os mellores presentadores de 5ºA!!! 




O noso canal "RANA" o presentou Ana.
Se lles gusta o noso telediario, poden velo a diario.




viernes, 18 de octubre de 2013

KAFCA A MONECA VIAXEIRA




       O xoves 10 de outubro fomos ver unha obra de teatro .
Saímos a terceira hora do colexio.Fomos camiñando ata o auditorio e logo nos sentamos nunhas das últimas filas de butacas.

 

       A obra trataba dunha nena que perdera a súa boneca. Un escritor, Kafca,  fíxose pasar por un repartidor de cartas de bonecas quen lle dixo a Elsie, a nena, que a súa boneca non se perdera, senon que fora de viaxe.
Cada día o carteiro e a  nena atopábanse ás 17:00 horas nun parque , cunha nova carta chegada dunha capital distinta, ata que chegou a derradeira, unha carta donde  dicía que  namorara.