miércoles, 21 de marzo de 2018

MATEMAXIA

Os alumnos e alumnas de 5º, o día 13 de marzo de 2018, fomos á sala de mochilas a ver o espectáculo de "Matemaxia", presentado polo mago Paco. Fixo varios trucos, que nos amosou científicamente.
Os trucos foron: a cinta de Möbius, adiviñar números con códigos binarios,ordenar e desordenar figuras xeométricas para lograr un maior espazo, o cadro máxico e por último, fixeron unha lotería.
O pasamos  xenial!!


PLANTACIÓN DE ÁRBORES

O alumnado de C.E.I.P. Plurilingüe de San Roque de Darbo, o martes 20 de febreiro de 2018, foron a Cunchido de Abaixo,Darbo,a plantar árbores toda a mañá.
Cada curso,organizouse formando grupos de catro. Cada equipo plantou unha árbore, seguindo os pasos que unha experta lles indicou.
Plantaron carballos, castiñeiros, bidueiros... para aumentar a cantidade de árbores autóctonas da zona. Unha vez plantadas, botáron abono e agua.



sábado, 25 de noviembre de 2017

25-N: CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: TOLERANCIA 0

Hoxe foi un día distinto no cole. No cole sempre facemos fincapé na importancia de que todos nos respetemos e nos axudemos sen ter en conta o noso xénero, relixión, raza, etc. O enriquecedor é ser diversos e saber convivir con esas diferenzas. E, hoxe, foi un día especial. 

Todos os anos, o alumnado de 5º de Primaria é o encargado de facer un acto simbólico sobre esta conmemoración. Este acto ía ser o venres pero, por mor da chuvia, pospúxose para o luns 27 de novembro.


Como sabedes, o
25 de novembro celébrase o día Internacional contra a Violencia de xénero polo que o alumnado de 5º, como todos os anos, traballou sobre este tema facendo unha pancarta que levaremos o vindeiro luns a Cangas xa que van representar cun baile dramatizado a canción de Andy y Lucas, "Y en tu ventana",manifestando a repulsa contra  todo tipo de violencia machista. 

Queremos transmitir á cidadanía o rexeitamento da violencia e o dereito ao bo trato. 


Pancarta que levaremos o luns 27 de novembro ó acto contra a violencia de xénero


Representación do alumnado de 5º de primaria no pavillón do colexio da canción 


 CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: TOLERANCIA 0

Alumnado esperando nas súas posicións antes da representación