martes, 5 de mayo de 2015

CANGAS EN MAQUETAS


ESTACIÓN  METEOROLÓXICA








O "reloxo" é como popularmente se coñece esta peculiar estación meteorolóxica.

Atópase na Alameda Félix Soage, frente a estación marítima e o porto.

É unha propiedade pública.

Foi construido a principios do século XX. En realidade é unha copia, que máis ou menos se conserva.


Conta con: termómetro, barómetro, pluviómetro... e unha viraventos na parte superior.

Era sempre consultado polos pecadores e mariñeiros antes de facerse ao mar, ao igual ca as súas esposas.

O reloxo é un gran símbolo da vila de Cangas, que a pesar de estar algo vello, é moi bonito.Está dentro do casco vello.

Autores/as: Javier, Darío, Ainoa ,Ana e Jorge Paz.





MASSÓ



A Fábrica de Massó encóntrase en Cangas, no porto vello, ao lado da praia de Massó.

Alí vendían produtos enlatados moi demandados naquela época como o atún, o bonito, as sardiñas, os mexillóns, os filetes de anchoa, os berberechos...

En 1941, os irmáns Massó, inauguaron a Fábrica de Cangas de Morrazo. Esta mesma está formada por dúas dársenas, varadeiro, taller, seción de envases  metalúrxicos, unha central eléctrica, unha factoría baleeira, unha fábrica de xeo e adémais unha de fabricación.

Os seus fundadores foron Jose María Massó García (1899-1981), Antonio Massó García (1901-1989) e Gaspar Massó García.

Adémais da fábrica de Cangas, tamén houbo outra no concello de Bueu. Aquí fundaron o museo Massó. Esta formado por unha coleción de libros, cartas mariñas e de navegación.


Autores/as: Ángel, Sara, Lara e Aitor.




EX-COLEXIATA DE CANGAS




 A ex-colexiata de Cangas é a xoia artística do municipio de Cangas xunto co cruceiro de Hío .

  A maior parte da súa construcción data do século XVI  , aínda que se cre que o primitivo templo  remontábase ,alomenos, un século máis atrás .

  Durante case 500 anos  viviu midificacións e aportacións de cada época e estilo .

  O papa Paulo III a elevou ao rango de colexiata no ano 1546 aínda que non foi ata corenta anos despois cando se levantou a fachada proxectada por Jacomé Fernandéz no 1585 , unha das mellores mostras da arte renacentista en Galicia .


 A torre distribuida en dous corpos, é do século XVIII .


  A ex-colexiata conta cunha capela maior cun espectacular retablo barroco do ano 1744 e outras capelas  de gran valor artístico .

  Destaca a figura do Cristo do Consolo taliada por Xoan Pinto en 1796 .




Autores/as: Lope, Lidia, Jose Luis e Gabriel.









ESPAZO NATURAL: CABO HOME




      Cabo Home atópase na parte máis occidental da península do Morrazo na zona terrestre máis cercana ás Illas Cies , pertence ao Parque Nacional das Illas Atlánticas , situado tan só a menos de 2,5km .
     O seu nome galego se poronuncia tal e como se escribe"Cabo Home".
     Toda a área adquire un gran valor natural e paisaxístico debido aos seus cabos, acantilados e na súa diversidade na flora e fauna. A zona está comprendida entre os cabos de Punta Subrido e Punta Robaleira.
     Dende Cabo Home comeza a rochosa e abrupta costa chamada  Costa da Vela ou Costa de Soavela.
Dentro desta encontrase o mítico Monte do Facho co seu interesante santuario do Deus Berobreo, así coma o poboado castreño da súa cumbre.
    En Punta Robaleira apreciamos o antigo faro de cor vermello de Cantería.
    Entre estes dous cabaos encóntrase a fermosa praia de Mlide, cunha extensión de 250m de longo e 40m de ancho e está rodeada dun gran piñeiral. Xusto en fronte, se situán as Illas Cíes.
    Na punta de Cabo Home nos encontramos co outro faro, máis esvelto, alto, de forma cilíndrica, e de cor branca. Este é un dos faros máis altos de Galicia e é o punto terrestre máis cercano ás Illas Cíes. En Punta Subrido, encóntrase outro faro máis, da mesma feitura dese último e a única diferencia co anterior é que este consta de dous pisos, un menos que o anterior.


                                                                                            Autoras/es:Lúa, Andrea ,Adrián e Carlota.


PRAZA DE ABASTOS





A praza de Abastos é o centro da actividade en Cangas polas mañás;xa que, é aquí onde se compra o peixe e marisco fresco que cada día venden as pescantinas ( merluza, sargos, rodabaio, peixe sapo...).

A praza construíuse en 1925 grazas ao diñeiro que donou ao pobo de Cangas, Xosé Felix Soaxe Vilariño, fillo de pescadores que emigrou a América onde fixo fortuna ( tamén  co diñeiro que doou, construíuse o placo da música da Alameda).


Autores/as: Samuel, Marina, Jorge, Alejandro e Mateo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario