domingo, 10 de mayo de 2015

MUÍÑO DE FAUSTO



     O pasado mércores 29 de abril fixemos unha saída ao Muíño de Fausto. Alí, nos ensinaron como funcionaba o muíño. Primeiro nos mostraron que si subias unha panca o muíño paraba de funcionar e si a empurrabas para abaixo se puña en funcionamento. Tamén nos ensinaron como facer para que o muíño moera máis o menos millo, e, como facer para que a fariña fose máis fina.
      Máis tarde algúns estiveron recollendo as follas das árbores que había por aí e outros estiveron xogando o escondite e a pita.
      A camiñata de volta foi moi dura e nos cansou moito.
      En definitiva, a saída foi divertidísimaaaa!

No hay comentarios:

Publicar un comentario