Este mes de outubro realizamos dúas saídas onde aprendimos aspectos relacionados coas ciencias naturais. Na primera delas, fomos ao auditorio á obra teatral "Que traballo tan curioso!". Alí coñecimos de primeira man o traballo realizado polos científicos. Sabemos o importante que é ter un boa hixiene persoal para o bo funcionamento do noso corpo.
 |
Foto de grupo á saída do auditorio |
 |
Falta Miguel que tivo un pequeno contratempo!. |
A semana pasada visitamos o supermercado Eroski. Primeiro, recibimos unha charla dos profesionais deste supermercado onde repasamos cales son os hábitos de vida saudables como por exemplo a importancia dunha dieta equilibrada, facer deporte e aprender a coñecer os alimentos un pouquiño mellor. Cando tiñamos os coñecementos, un autobús estaba esperandonos para baixar a Cangas. Alí o pasamos xenial. Recorrimos todas as seccións do súper: as froitas, as verduras, a panadaría, a pescadería... Coñecimos a importancia de empregar unha vestimenta axeitada de seguridade en oficios de risco coma o dos carniceiros.
Supoño que todos/as estades reciclando o aceite nos vosos fogares! Recordade o importante que é para o medio ambiente.
Por último, tivemos unha merenda do máis divertida!. Foi xenial!. Que vos pareceu a vos?
 |
Aarón foi moi valente probando a granada! |
 |
Veña Xabi!. Todo un campión tomando o limón! |
 |
Que será...? Que medo pasou David! Ao final superou a proba! |
 |
Que ledicia coas nosas bolsiñas!. A candea era chulísima! |