lunes, 12 de octubre de 2015

Xa levamos case un mes!

Parece que foi onte cando comezamos un novo curso. Pero xa fai case un mes que comezou a nosa andaina en 5º de primaria. Así que xa é hora de estrenar o blogue.

Dentro de pouco, os alumnos de 5ºA colgarán algúns dos seus traballos no blogue xa que o esforzo ten que verse recompensado. Por agora, adiantarvos que estamos a  investigar o universo, estamos a convertirnos en poetas, sabemos o que é unha guía turística facendo unha visita a Roma, falamos inglés, galego, castelá... Pero o máis importante é que estamos moi contentos/as e estamos aprendendo moito. 

Queremos que o blogue se converta nunha forma rápida e eficaz de comunicarnos coas familias polo que espero que o visitedes a miúdo.

Un saúdo e ata pronto!

Así temos decorados os corchos da nosa clase.



6 comentarios: