jueves, 20 de octubre de 2016

Rock, paper, scissors



Este vídeo de "Pedra, papel, tesoira" trata un tema que, desgraciadamente, hoxe en día podemos palpar en moitas aulas de moitos colexios. É o bullying,ou o que é o mesmo o acoso escolar. O ano pasado tivemos unha charla informativa sobre o tema no cole que foi do noso agrado xa que nolo explicaron moi ben. Por que poñemos isto no blogue as mestras de 6º? Cremos que é moi importante que tod@s recapacitemos no noso comportamento diario, tanto na escola, como na casa ou en outros ámbitos da nosa vida. Falo ben ós meus compañeiros/as?, son respetuoso cando algo non me gusta e quero dar outra opinión?, berro na casa ou no colexio?, chincho ós demais por detrás?... Ás veces, non nos damos conta, pero a nosa forma de falar, os nosos xestos ou o noso comportamento non son axeitados e estamos facendo dano a outras persoas (aínda que non cheguemos a pegar a alguén físicamente, o dano poder ser psicolóxico). Por iso, queremos que fagades unha actividade de REFLEXIÓN acerca do voso comportamento diario. 
  • PENSADES QUE OS COMPORTADES BEN COS DEMAIS? 
  • QUE OPINADES SOBRE ESTE VÍDEO? 

Saúdos e recorda:  
TRATA ÓS DEMAIS CO MESMO CARIÑO E RESPECTO QUE CHE GUSTARÍA QUE TE TRATASEN A TI 

37 comentarios:

  1. Nenos e nenas, aquí é onde debedes comentar o vídeo. Espero as vosas respostas.

    ResponderEliminar
  2. Ao mellor algunha vez a ti,púdote pasar así que te dou todos os ánimos q poida.
    Encantoume o vídeo, fala de que aunque xesas máis débil ou máis forte hai q tratar as persoas sempre sempre sempre moi ben. Un saúdo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ben Marcos. O importante é que sempre axudemos aínda que non coñezamos á persoa, pero máis entre compañeiros. Grazas polo teu comentario

      Eliminar
  3. É moi bonito e gracioso a vez pero tamén hai que saber respetar os compañeiros e non meterse con eles

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si, os debuxos son moi chulos. Cun xogo tradicional explican este problema. Respeto ante todo. Grazas polo comentario Xabi

      Eliminar
  4. Gustoume moito a min no me gustaria que me pasara iso ,os abusons non molan

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Non molan nada, cando alguén abusa o que temos q facer é comentalo para q os profes ou familias poidan axudar. Grazas polo Aarón

      Eliminar
  5. Respuestas
    1. Alégrome Rodri.Fáltache a primeira pregunta por contestar! Saudiños

      Eliminar
  6. É moi chulo e bonito.
    Todo o mundo debería levarse ben. Porque hai veces que se nos esquece e molestamos sen querer, e ao noso compañeiro non lle gusta

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Iso é certo. Ás veces non nos percatamos pero sempre estamos a tempo de cando alguén di que se molesta parar de facelo. Grazas Álvaro

      Eliminar
  7. E un video que representa a perfecion o quequere que nos chegue a dentro e nos sintamos mal polo que fixemos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Certo David. Invítanos a recapacitar. Espero que te gustase.

      Eliminar
  8. É un vídeo moi interesante.
    Creo que deberíamos tratar aos demais como gustaríanos que nos trataran a nós, aunque alugunhas veces facemos sentir mal aos demais sen darnos conta.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A túa opinión é parecida a de Álvaro e estou moi de acordo contigo. Grazas polo comentarip Carla

      Eliminar
  9. E moi bonito e explica moi ben o que e o bullying. Hai que intentar que non ocorra isto, porque todos somos iguais e todos temos imperfeccions. Grazas polo video. Un saúdo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. E menos mal que somos imperfectos! Senón sería un pouco aburrido !!! As imperfección axudan a poñernos no lugar do outro e a mellorar. Grazas Pablo

      Eliminar
  10. E moi bonito e explica moi ben o que e o bullying. Hai que intentar que non ocorra isto, porque todos somos iguais e todos temos imperfeccions. Grazas polo video. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  11. Antes non comportábame moi ben pero agora eu pensó que si.
    Este video paréceme moi chulo e representa una boa amistade coma a nosa.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Alégrame ver como fas unha reflexión Judith. Xenial entón que se mellore! Un saudiño e grazas

      Eliminar
  12. este vídeo e moi interesante, sempre temos que respetar as persoas por moi diferentes que sean

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Todos somos diferentes, a diversidade é riqueza. Axudémonos uns aos outros. Bo comentario Carla. Grazas!

      Eliminar
  13. A min pareceume precioso, xa que debemos respetar as persoas, como a mensaxe da historia e anti bullyng espero que os que o fagan paren, xa que non temos que comportarnos mal cos demais

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. É no difícil o "parar" cando están metidos nese bucle pero coa axuda de todos é máis fácil. Grazas Laura

      Eliminar
  14. Paréceme un vídeo incrible, non debemos imitar nunca xamais da vida etererna e non sei que e non sei cando o comportamento dos abusóns no vído, eles atacan en grupo porque teñen medo, son uns cobardes e na vida real tamén :)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Exacto Xabi, vexo que o ano pasado estiveches atento á charla. Grazas polo comentario

      Eliminar
  15. hola!!! encantoume o vídeo, creo q deberiamos respetar aos demáis, xa que a nos non nos gustaría que nos fixeran o mesmo.
    E aunque pensemos q so hai q axudar ás persoas ás que lle fan bulling, no é así, porque as persoas que o fan, é porque teñen algun problema en casa ou noutro lugar, e como eles se senten mal, fan sentir mal aos demais, por iso por moitos problemas q teñas debemos respetar aos demáis pq aunque parezcamos diferentes somos todos iguais.
    Un saúdo. =)

    ResponderEliminar
  16. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  17. Encantoume o vídeo. Penso que hai que respetar aos demais ;)

    ResponderEliminar
  18. as vosas opinións parécenme moi coherentes! Oxalá tod@s o apliquemos na nosa vida. Todos temos errores pero podemos mellorar sempre. Grazas polos comentarios alumn@s.

    ResponderEliminar
  19. as vosas opinións parécenme moi coherentes! Oxalá tod@s o apliquemos na nosa vida. Todos temos errores pero podemos mellorar sempre. Grazas polos comentarios alumn@s.

    ResponderEliminar
  20. a min non me gustaría iso.Púsome triste o principio pero o final sempre hay xente que te axuda.

    ResponderEliminar